Os nenos e nenas da escola viviron na aula de psicomotricidade un Samaín diferente. A profe Montse preparou unha instalación con luz negra (empregada nas escola Reggio Emilia) onde os cativos e cativas pudieron experimentar con diferentes elementos do Samaín, pero poñendo en práctica os sentidos. Con este tipo de propostas metodolóxicas innovadoras permítese que o alumnado resolva problemas dun xeito creativo e sexan os protagonistas da súa propia aprendizaxe.
En dúas zonas puideron traballar a coordinación óculo- manual tentando encestar uns aros nos conos da bruxa e noutra encestar boliñas nun monstro.
O traballo en equipo foi necesario para poder montar un esqueleto, facer preguntas de que partes do corpo eran os ósos e poñerse de acordo de onde colocalos.
Noutra zona empregaron o sentido do tacto para poder coller bechos pegañentos. E por outra banda, viaxaron ata México para crear as súas propias catrinas con plastilina fluorescente, facendo voar a súa imaxinación.
E tiveron que poñer moito ollo para descubrir que criaturas terroríficas estaban escondidas nas botellas de cores flúor.
Marabilloso. Un auténtico disfrute para maiores e pequenos/as.
ResponderEliminar