English Resources

Velaquí tedes unha ferramenta para poder seguir avanzando e desfrutando co inglés. 
English Sculptor's 0 (Educación Infantil) e English Sculptor's 1  son un mostrario de cancións, páxinas, xogos, contos e apps para Beginners (principiantes) e Learners (aprendices). En
English Sculptor's 2  o Symbaloo está dirixido a Learners e Explorers (os maiores do cole). Podedes clicar ena cada nivel e acededes a eles.

As cores dos pulsadores son as mesmas que na biblioteca do cole: vermello para os pequenos, verde para os medianos e amarelo para os máis grandes. Igual que cos libros, cadaquén debe investigar para ir atopando cales lle son as mellores. Os iconos daránvos unha pista do que contén a proposta.

Lembrade que precisades conexión a internet e, fundamentalmente para os xogos, activar adobe flash. Cando enlacedes con You Tube se o precisades podedes activar os subtítulos en inglés na parte inferior da imaxe… O coronavirus vainos facer expertos/as en TIC!! 
Tamén os atoparedes no menú á dereita da web.

Bo proveito e a desfrutar co inglés!

Comentarios