Formación Erasmus+ no CEIP Fontes Baíña (Baiona)

O pasado mércores Laura Mateos e Mónica Moreno foron ó CEIP Fontes Baíña (Baiona) a dar unha charla sobre como solicitar un proxecto Erasmus+ KA1. Esta formación foi organizada polo Centro de Formación e Recursos de Vigo (CEFORE) da Xunta de Galicia.

Foi unha xornada intensa, pero esperamos que lles servira de axuda para poder mergullarse no universo de Erasmus+ e poñerse mans á obra na elaboración do proxecto.

Ánimo, e moita sorte compañeiras do Fontes Baíña!





Comentarios