Mergullándonos no mundo mariño

Durante estas semanas na aula de psicomotricidade os nenos e nenas do noso colexio puideron mergullarse no mundo mariño. Montse, a profe de psicomotricidade montou unha instalación onde se recreaba o fondo mariño. Podíamos atopar corais, medusas, peixes, un capitán co seu tesouro e...ata un submarino!

O que se consigue traballar con estas metodoloxías innovadoras e inclusivas e que o/a neno/a poida experimentar, espertar o sentidos a través dun escenario no que poidan xogar con liberdade, mesturando o mundo real co imaxinario. Un mundo interactivo onde o alumnado toca, sinte, constrúe, transforma... Este tipo de actividades axuda o alumnado con máis dificultades a aprender a través dos sentidos e estímulos.

Grazas profe Montse e os que lle axudaron a facer realidade esta instalación mariña.

Deixamos un recordo do moito que desfrutaron os nenos e nenas neste escenario digno da obra Veinte mil leguas de viaxe submarino de Julio Verne.

















Comentarios

  1. LuckyClub Casino Site - Live Casino Review - LuckyClub.live
    Lucky luckyclub Club casino review · Mobile; Mobile · Casino games · Support. LuckyClub is a fun online casino to gamble. · Casino Games. · All games are streamed

    ResponderEliminar

Publicar un comentario