Presentación das mobilidades en Dublín (Irlanda)

E continuando coa difusión do proxecto, podemos ver a continuación como Mónica Otero, Rosa e Laura Garmilla contan como foron as súas mobilidades en Irlanda. O curso de CLIL foi realmente bo. Axustado en contidos e moi productivo a nivel lingüístico. Un problema axeno ó curso foi o feito de ter que empregar mascarillas nun curso lingüístico, xa que había xente de diferentes procedencias e niveis, e ás veces non era sinxelo entenderse. Sería bo, que o curso durase máis, xa que o tema é moi amplo e nunha semana, so da para facer unha aproximación.En calqueira caso, foi un curso moi satisfactorio.
O curso de impresión 3D e cultura maker foi unha introdución a esta filosofía de traballo dende a experimentación e a práctica. Completouse cunha aproximación á cultura irlandesa que nos axudou a situarnos na realidade do país, pero ó mesmo tempo, restounos un poco de tempo para ampliar coñecementos de programas e proxectos maker. En definitiva, resultou ser un curso moi proveitoso e interesante.
No caso de Laura Garmilla, que tamén fixo a súa mobilidade relacionada coa actualización linguïstica en inglés, o curso cumpliu as súas expectativas, a academia resolveu todas as dúbidas e non lle importaría volver a repetir cun curso de maior duración.

Comentarios