Na clase de 6º EI- A apareceu unha maleta moi misteriosa. Dentro da mesma había unha carta do noso amigo Pepe Poncete, un detective aventureiro que a extraviou na súa última viaxe.
Atopamos letras que as tivemos que organizar para descubrir unha palabra segreda.
E resulta que era... PORTUGAL! Pepe Poncete viaxara ata o noso país veciño. Investigamos que tanto o portugués como a lingua galega teñen palabras semellantes.
Que máis misterios traeranos Pepe Poncete??
Comentarios
Publicar un comentario