De mobilidades por Italia: Florencia e Turín

Continuamos recordando as formacións das nosas compañeiras durante este ano 2022, neste caso, tiveron lugar en dúas fermosas cidaades de Italia: Florencia e Turín. Laura Mateos estivo formándose en Metodoloxías activas: Montessori e Reggio Emilia en Florencia impartido pola Europass Teacher Academy. Alí puido ter unha aproximación a cales son as bases destas dúas metodoloxías educativas, que naceron en Italia e cómo se poderían levar a cabo na aula (lectoescritura, lóxica- matemática, vida prácica, ateliers,..) Ó mesmo tempo, estivo en contacto con mestres doutros países europeos: Suecia, Turquía, Alemania, Lituania; o que lle permitiu coñecer cómo se traballa na etapa de Educación Infantil.
Marta e Carolina, dúas das nosas ILSES, viaxaron ata a cidade de Turín para realizar a formación en Sistema de Signos Internacional (ISS) e cultura xorda no Istituto dei Sordi di Torino. Para elas foi unha gran experiencia xa que tiveron a oportunidade de profundizar en conceptos da lingua de xordos, e poder aprender doutras experiencias que lles aportaban compañeiros e compañeiras doutras nacionalidades.

Comentarios