Laura Garmilla e a súa mobilidade en Dublín

Laura Garmilla, tamén visitou terras irlandesas no mes de xullo, ó igual que Rosa e Mónica. Durante a súa estancia realizou un curso de mellora do seu nivel de inglés, tamén na Europass Teacher Academy Ireland. Foi unha semana moi intensa, pero moi proveitosa, xa que puido estar en contacto con alumnado doutras partes do mundo, con diferentes profesións e culturas. Tamén houbo tempo para poder coñcer máis de cerca a cidade de Dublín, os seus recunhos cheos de historia e tamén desfrutar da natureza no fermoso Phoenix Park. A continuación podedes ver fotos da súa experiencia:

Comentarios