8- M e 364 días de igualdade

A pasada semana na nosa escola celebramos o 8 de marzo, Día Internacional da Muller con diferentes actividades e actos. Na etapa de Educación Primaria realizouse unha xincana de Mulleres na ciencia. Os nenos e nenas recibían cinco sobres con preguntas sobre as aportacións das mulleres á diferentes ámbitos da ciencia. No hall estaban colgados retratos de mulleres coa súa correspondente información. Cada grupo buscaba a resposta as súas preguntas e despois na aula as poñían en común.



En Educación Infantil e o primeiro ciclo de Educación Primaria, dúas mulleres de Héroes para la ciencia, empresa adicada a actividades educativas,  explicaron o papel da muller na ciencia ó longo da da historia ata ós nosos días e a importancia de sensibilizar ó alumnado de que as mulleres e os homes deben ter as mesmas oportunidades de traballar e estudar a ciencia. Organizaron diversos experimentos onde o alumnado puido experimentar e observar a creación dun volcán, o péndulo de Newton, reacións químicas...





E xa para rematar, todo o alumnado e as mulleres que traballan no noso centro interpretaron en lingua de signos a canción "Que non mo neguen" de Tanxugueiras no que se reivindica o papel das mulleres libres e fortes; buscamos a igualdade entre homes e mulleres. Grazas ás ILSES polo seu traballo e paciencia.

Podedes ver o vídeo clicando no seguinte enlace: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipescultoracunha/aulavirtual/mod/page/view.php?id=6265


Comentarios