Comezamos este curso 2021/2022 con moitas ilusións, a pesar de que as mascarillas seguen cubrindo os nosos sorrisos. E que mellor forma de arrancar esta nova etapa que celebrando a Semana Internacional de Lingua de Signos, pilar imprescindible na nosa escola.
Mantendo as distancias, cada grupo na súa aula celebrou esta semana tan especial. Velaquí uns exemplos:
Os nenos e nenas de 4ºB de primaria fixeron o seu signo favorito.
En 4ºA de primaria teñen todos os venres 10 minutos de clases de Lingua de Signos. A "profe" Miriam ensínalles unhas nocións básicas ós seus compañeiros. Por exemplo; accións..., nesta foto: alucinar/ flipar.
E en 5º A de primaria, estiveron vendo un vídeo sobre os dereitos educativos das persoas xordas. Antes do visionado preguntámonos se todos e todas debemos ter os mesmos dereitos. O vídeo narra o que lle sucede a unha nena xorda na súa clase cando lle falan, pero non entende. Non pode comunicarse porque non ten un/unha intérprete de lingua de signos e os demáis non a coñecen. Chegaron a conclusión de que se nese momento non está tendo dereito a comunicarse, e o debería ter.
E todos os nenos e nenas do colexio levaron posta a súa pulseira conmemorativa.
Comentarios
Publicar un comentario