Formación nas ondas

O noso profesorado sigue a formarse e nesta sesión centráronse ....na radio!! Docentes de diferentes etapas educativas e especialistas participaron nesta xornada de formación nas ondas grazas ó préstamo dun equipo de radio por parte do Centro de Formación e Recursos de Vigo. 

Luís, un docente xubilado dun colexio de Pontevedra foi o encargado de explicar os segredos e a orientación pedagóxica que pode ter a radio como recurso educativo. Así como, cales son requisitos técnicos que hai que ter en conta para o seu manexo. Algúns dos programas dixitais que se poden empregar son: Ivoox, Audacity e Soundcloud.

No noso colexio, un especialista de Audición e Linguaxe fai gravacións de radio como recurso de traballo co seu alumnado. Os nenos e nenas motívanse moito e nestes intres están a traballar curiosidades sobre animais.










Comentarios