Formación en Lingua de Signos

Outro ano máis parte do profesorado de diferentes etapas educativas recibe formación en Lingua de Signos. É un curso de 40 horas que é impartido por María José, docente da FAXPG (Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia) en colaboración co Centro de Formación e Recursos de Vigo. Este curso forma parte do Plan de Formación do Profesorado do noso centro e liña de actuación do noso programa Erasmus+.

Con esta formación os docentes adquiren competencias para poder adaptarse ás necesidades do noso alumnado e ofrecer unha resposta educativa axeitada.







Comentarios