Videoconferencia co alumnado confinado

En vísperas do Entroido os nenos e nenas de 2ºA fixeron unha videoconferencia con algúns dos seus compañeiros que estaban confinados. As mestras Maica e Pili, coa axuda de Lucía, estudante en prácticas, encargáronse de organizar esta videochamada. Empregaron a aplicación Webex, un Ipad e o cañón.

Tanto para o alumnado confinado como ós asistentes ó centro foi toda unha experiencia, xa que a pesar das circunstancias pudieron celebrar o Entroido. Tanta ilusión e emoción tiñan, que por momentos xestionar os turnos de palabra foi un pouco complicado.










Comentarios