Impresora 3D no noso centro

A semana pasada parte do equipo docente de Educación Infantil e Primeiro Ciclo recibiu formación en como empregar a impresora 3D que ten a nosa biblioteca grazas ó PLAMBE. Ademáis forma parte do Programa Biblioteca Creativa da Consellería de Educación, Cultura e Universidade.

O encargado de dita formación foi Luís do Centro Gallego de Robótica Educativa. Ensiounos como a través do Programa Doodle 3D se poden deseñar diferentes propostas que logo poden ser impresas. Este programa é moi sinxelo de usar tanto na tablet como nun ordenador. A maiores deunos información para escoller que tipo de filamentos hai e os parámetros a ter en conta para imprimir.

Outra ferramenta que descubrimos foi o lapis- pluma de imprensión 3D e quedamos sorprendidos de como un deseño plano nun acetato convírtese nunha figura 3D.










E chegoulle a hora ós nenos e nenas de primeiro, que estiveron moi atentos ás explicacións do docente e fixeron os seus propios deseños. 











Comentarios