Digital Storytelling in school education

As nosas compañeiras Mónica Otero e Laura Mateos están asistindo ó curso Digital storytelling in school education no CEFORE de Vigo. Este curso forma parte do programa Erasmus+ Eurospectives 2.0: Digital Storytelling no que participan ademais do CEFORE de Vigo, socios de Grecia, Alemaña, Gran Bretaña, Italia e Dinamarca. Podedes atopar máis información sobre o seu proxecto no seguinte enlace: https://eurospectives.info/
Nesta formación asisten de forma virtual e presencial máis de 30 persoas de diferentes países: Bulgaria, Romanía, Grecia, Alemania, Dinamarca, Gran Bretaña, Italia e España. No CEFORE están docentes de diferentes centros educativos da provincia de Pontevedra. As primeiras sesións son máis teóricas para logo poñerse mans a obra e deseñar historias dixitais e implementalas no proceso de ensinanza-aprendizaxe desenvolvendo habilidades dixitais. 



E aproveitaron para facer difusión do noso proxecto cos flyers que a nosa compañeira Nani deseñou. A través de códigos QR poden acceder a toda información do noso blogue e do perfil de Facebook.












Comentarios