Celebración do día da Paz

O pasado xoves fixemos unha acto de celebración polo día da Paz no ximnasio. Este ano foi diferente a anos anteriores xa que se dividiu en tres momentos relacionados entre si e cargados de gran significado.
O primeiro foi un teatro de sombras onde se amosaba como una situación habitual entre nenos como é a de cando se rompe un xoguete...deriva nunha pelexa entre os seus proxenitores.














No segundo acto, amosouse unha videomontaxe de sons e imaxes relacionadas coa paz e con conflitos,na que se ensinaban esceas habituais no noso día a día e en lugares máis lonxanos...



E como colofón final, todo o alumnado, mestres e ILSES cantaron a canción Bajo el mismo sol. Tanto gustou que se repetiu dúas veces. 
E sempre ter presente que a paz e resolución dos conflitos a de estar presente no día a día como un dos valores máis importantes na formación das persoas e na creación dunha sociedade xusta e igualitaria.


Comentarios