O alumnado hipoacúsico na aula II

Onte contamos de novo coa presenza de María Bao para impartirnos a segunda sesión sobre como traballar a lectoescritura na aula co alumnado hipoacúsico na aula. Asistiu case todo o claustro para amplair a súa formación e proporcionar unha axeitada resposta ó noso alumnado. É fundamental ter en conta que os cativos e cativas saiban e entendan para que sirve a escritura, e que a comprensión escrita e da lectura son dimensións moi importantes na formación do proceso lectoescritor dos nenos e nenas xordos.

A ponente tamén resaltou o Portfolio como un documento clave na formación en linguas, xa que canto máis destrezas se posúan en diferentes linguas, máis sinxelo será desenvolver as competencias lingüísticas e comunicativas. En resumo, ter presente unha persepectiva plurilingüe, que no caso do noso centro abarca a lingua de signos, inglés, galego e castelán.

Agardamos contar de novo con María Bao para ampliar os nosos coñecementos e poñelos en práctica cos verdadeiros protagonistas da educación, os nenos e nenas.














Comentarios