Intercambio de postais de Nadal a través de eTwinning

Este ano o alumnado do noso centro participa nun proxecto de intercambio de postais de Nadal con países europeos. Este proxecto foi creado na plataforma Etwinning, iníciao unha mestra dun colexio de Ávila. 

Estamos implicados varios países: Macedonia, Polonia, Croacia, Alemaña, Francia, Romanía, Turquía e España e en cada un deles participan coles e diferentes niveis, algúns ata varios coles do mesmo país como Romanía, España e Polonia. A maioría do alumnado son de educación primaria aínda que hai algún, nos que tamén participamos clases de infantil e/ou de niveis máis altos. No noso centro, participan 3 aulas de infantil

A idea era facer un intercambio de postais de Nadal con total liberdade de decoración, mensaxe, tamaño, formato...no que se poidan comparar e compartir diferentes modelos, idiomas, costumes, nomes, selos, papel....

Por agora recibimos postais de España (Ávila), Romanía e Alemaña. Nos envíamos as nosas postais a semana pasada. Agardamos que cheguen pronto ós nosos compis europeos.


A continuación deixámosvos cun vídeo sobre a elaboración destas postais de Nadal. 
BO NADAL!


Comentarios