O alumnado hipoacúsico na aula

Esta semana no noso centro tivemos unha formación moi interesante: "O alumando hipoacúsico na aula" impartida por María Bao, profesora da Universidade de A Coruña e membro do Grupo de Investigación de Lingua Española e Linguas Signadas (GRILES, Universidade de Vigo). 

Durante case 2 horas, mestres, intérpretes de Lingua de Signos e coidadoras escoitaron entre outros contidos, a necesidade imperiosa de abordar a escolarización do alumnado xordo dende un planteamento lingüístico. 
No desenvolvemento das linguas o entorno é fundamental, así como a importancia da atención temprana na adquisición da lingua de signos, como medio de prevención para que o seu desenvolvemento sexa o máis natural posible.

Tamén nos informou que dende os Centros de Linguas das universidades galegas se ofrecen cursos de formación en Lingua de Signos Españolas. Foi unha formación moi proveitosa e quedamos con ganas de contar de novo coa presenza de María e nos axude a traballar co alumando hipoacúsico e proporcionar unha axeitada atención á diversidade.

María Bao e Concha Báez (Directora do GRILES)







Comentarios