eTwinning

eTwinning é unha plataforma dixital cofinanciada por Erasmus+ que permite crear vínculos entre centros educativos de Europa. Con eTwinning o preofesorado e alumnado poden desenvolver proxectos, compartir intereses en múltiples ámbitos e sentirse que forman parte dunha comunidade educativa a nivel europeo.

As nosas compañeiras Cristina Sueiro, Estefanía, Mónica Moreno e Patricia están realizando un curso en rede a través Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI) para aprender a manexar esta plataforma e poder nun futuro involucrar ó profesorado e alumnado. En definitiva, favorecer a actualización dixital e internacionalización do noso centro.





Comentarios