Berlín (III)

Chega o final da nosa primeira mobilidade, onde Moodle xa é un termo familiar para as nosas compañeiras. Seguiron indagando nos múltiples recursos e actividades que ofrece para a organización de contidos e materiais. E todo a través dun clic. Foi unha semana intensa onde a profesora Rajashawari, os traballadores de Globtrain e as mestras polacas crearon un ambiente familiar e de traballo. Levan con elas os correos para seguir mantendo contacto e poder,quen sabe, compartir experiencias xuntos nun futuro.

Foron días de coñecer outra cultura, tamén as recentes pegadas históricas que se sinten en cada rúa e monumentos desta cidade cosmopolita, que celebra o 30 aniversario da Caída do Muro de Berlín.

Agardamos que as nosas compis teñan unha boa viaxe de regreso e compartan con nós todo o aprendido nesta primeira mobilidade. Danke schon!

Danke schon, profesora Rajashawari

As nosas compis cos seus certificados

Información e agasallo das compañeiras polacas

Alexanderplatz

Palacio de Charlotteburg

Columna Victoria


Moitos lugares pequenos fan moitas cousas pequenas que poden cambiar a cara do mundo (Muro de Berlín)


Comentarios