Berlín (II)

Continúa a formación en Moodle. Nestes días seguiron profundizando nas múltiples posibilidades de xestión educativa que ofrece: creación de diferentes actividades de comunicación, colaboración, asesoramento, entre outras. Un aprendizaxe e-learning onde os cativos e cativas son os protagonistas do seu aprendizaxe e o mestre é un facilitador de experiencias.

Pero o curso agardaba novidades, como foi a visita ó Kindergarten Alegría, unha escola plurilingüe (alemán, castelán e inglés) onde a importancia da educación recae no propio neno, o proceso é máis importante que o resultado e os nenos e nenas descúbrense a sí mesmos a través de experiencias como son: arte, música, yoga, talleres, entre outras. Agradecer a José, o mestre de arte, por responder as preguntas e dúbidas plantexadas e por prestar o seu tempo en ensinar a escola.

E continuando coa cultura berlinesa, as nosas compis descubriron os tesouros históricos de Babilonia, Antigo Exipto e Roma nos Museo de Pérgamo e Neues. E na historia máis recente os murais na East Side Gallery (muro de Berlín) e o Monumento ó Holocausto.

Seguide atentos as súas andanzas!

Descubrindo Moodle



Kindergarten Alegría

Acompañados de José, o noso anfitrión


Organización dunha aula


East Side Gallery


Museo do Pérgamo


Monumento ó Holocausto



Comentarios