Encontro en Santiago no Vencello Erasmus+

Durante os días 10,11 e 12 de outubro celébranse os ErasmusDays en toda Europa onde organizacións e centros educativos comparten e dan a coñecer os seus proxectos. 
No noso caso reunímonos en Santiago no Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI) onde escoitamos os proxectos dos centros CRA Ponte da Pedra (Carballo), CEIP Ben Cho Shey (Ourense), CPI O Cruce (Cerceda) e as EOI de Vigo e Vilagarcía de Arousa. Unha gran oportunidade para compartir experiencias e coñecer como traballan outros centros galegos no programa Erasmus+.






Comentarios