Comezamos a nosa andadura en Erasmus+ KA101: Opening doors, opening minds.

Iniciamos este curso 2019/2020 inmersos no programa europeo Erasmus+ KA101 co noso proxecto Opening doors, opening minds. É unha gran oportunidade de formación para ó profesorado e de internacionalización do centro. Este proxecto está subvencionado polo Servicio Español para a Internacionalización da Educación (SEPIE) actuando por delegación da Comisión Europea. Noso centro xunto o IES Álvaro Cunqueiro (centro o que estamos adscritos) foron os únicos centros de Vigo seleccionados na modalidade KA101 na convocatoria deste ano dentro das 834 solicitudes presentadas en toda España.
Os obxectivos que pretendemos acadar son os seguintes:
1. Mellorar a competencia multilingüe do profesorado, coñecer boas prácticas e modelos de traballo no ámbito da aprendizaxe integrada de linguas (CLIL).
2. Profundar nas metodoloxías que favorecen a inclusión real do alumnado con NEAE, buscando en Europa outros equipos de traballo e canles de aprendizaxe.
3. Modernizar a nosa organización, actualizando nosa presenza en redes e a nosa identidade digital, mellorando a nosa competencia TAC para así poder manter vivos os lazos europeos que podamos establecer.
4. Proporcionar á nosa Comunidade Educativa un modelo de aprendizaxe ao longo da vida, facendo que o profesorado sexa exemplo de traballo en equipo de cooperación e de integración. As actividades de devandito plan terán ao programa Erasmus como parte central, e irán dirixidas á formación do profesorado e a implementar melloras no ámbito lingüístico e inclusivo.
E como o conseguiremos? A través de cursos de formación tanto no noso centro como en Europa e de aprendizaxe por observación de como traballan outros colexios europeos.

Estade atentos a nosa andadura en Erasmus+!!!

No seguinte adxunto podedes consultar o resumo do proxecto en castelán e inglés.

Comentarios